lunes, 21 de febrero de 2011

CONCURSO DE MASCOTAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Don Lecturín é a moscota oficial da Biblioteca Escolar  Noé  G. L. de 2º de Educación Primaria gañou o concurso mascotas da Biblioteca Escolar do CEIP O Castiñeiro de Laza

lunes, 7 de febrero de 2011

1ª DOAZÓN NA BIBLIOTECA DO CEIP O CASTIÑEIRO

 Recentemente recibimos no cole unha doazón de libros e vídeos por parte do papá de Xaquín, alumno de 2º de Educación Primaria e membro da ANPA O Castiñeiro.
 


Aquí vos deixamos a dirección do seu Blog. Moitas grazas "Joaquín".



Trátase dunha colección de vídeos e libros: "LOS SECRETOS DE LA  NATURALEZA" e "DESAFÍOS DE LA VIDA".


A colección de vídeos está composta de 38 cintas en VHS producidos pola BBC  e editados polo "Club Internacional del Libro"  no ano 1992 do autor Sir David Attenbourogh



Os libros, "Los secretos de la naturaleza" 8T de Josefa y Fernando Alonso (Club Internacional del Libro) son 8 tomos.

 
Cartoné ilustrado editorial. Gran formato 27 x 21 cm.

Unhas 1500 páxinas e moitas fotografías a toda cor. Todos os oito volumes co plástico orixinal sen desprecintar. Mamíferos 1 e 2. Aves 1 e 2. Animais acuáticos 1 e 2. Animais anfibios e terrestres 1 e 2. Madrid 1994. Obra interesante para naturalistas, biólogos, veterinarios e demais afeccionados ao mundo dos animais.




.

DÍA DA PAZ 2011


Este ano pospuxemos o Día da Paz para o venres 4 de Febreiro.
Percorremos o centro do pobo de Laza pegando mensaxes de paz, cooperación e solidariedade
 

Pintamos de mans brancas o muro de entrada ao cole, cantamos unha canción e fixemos un xogo cooperativo no patio.


Tamén fixemos o xogo do amigo invisible durante toda a semana e celebramos os cumpres de tódolos nenos e nenas do cole no mesmo día.








Realizamos tamén unha campaña de recollida de roupa para entregar no Fondo Solidario de Verín que entregamos o 7 de Abril.

 

GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO