Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concursos. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012 NO CEIP O CASTIÑEIRO

 
O Día das Letras Galegas (Día dás Letras Galegas en galego) é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacaran pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da devandita lingua.

Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polos seus cantigas.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
É festivo na Comunidade Autónoma de Galicia (España).

..............
 No cole tivemos as seguintes actividade:

-CONCURSO POESÍA E RELATO CURSTO CONCELLO DE VERÍN
-POP ART ROSALÍA DE CASTRO E POESÍA
-VALENTÍN PAZ ANDRADE:
     . CARTEIS
     . MARCAPÁXINAS
     . FICHAS


CONCURSOS CONCELLO VERÍN

 Foto cortesía: Javier Rguez. , IES Taboada Chivite

Gala Músico-Literaria das Letras Galegas que se celebrou  xoves día 17 de maio ás 18h00 (seis da tarde) na Casa da Cultura de Verín. Todos os convocados recolleron no acto os diplomas e os premios que lle corresponderon como finalistas dos certames literarios convocados con motivo do Día das Letras Galegas.

Alumnado finalista do CEIP O Castiñeiro.



Laura Estévez Valcárcel
Nuria Gallego Vaz
Raúl Romasanta Sanmiguel
Damián Requejo López
Adrián Camesella Pazos



Concurso Letras Galegas





Bases Certame Antonio Fdez Perez 2012


POP ART ROSALÍA DE CASTRO



Pop art Rosalía de Castro 2012 colocado na Biblio


Recitado de poesía. 2º Ciclo de Primnaria

 


 VALENTÍN PAZ ANDRADE

Segundo se achega a data do 17 de maio vanse multiplicando as actividades nos centros educativos, a maioría das veces froito da colaboración entre os equipos de Biblioteca, Normalización Lingüística e TIC, un bo exemplo de que a integración dos distintos programas existentes no centro é o camiño a seguir



LIM



 
Boa mostra disto son os materiais que recolle a Secretaría Xeral de Política Lingüística no repositorio de actividades sobre a figura de VALENTÍN PAZ ANDRADE co gallo da celebración do Día das Letras 2012, e que a meirande parte corresponde a actividades xurdidas de programacións conxuntas en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña), CEIP A Ponte (Lugo), CEIP dos Dices (Rois, A Coruña), CPI José García García (Ourense), CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás, Ourense), CEIP de Rebordáns (Tui, Pontevedra), CEIP Condesa de Fenosa (O Barco, Ourense). Deste último centro é o libro interactivo sobre Valentín Paz Andrade da imaxe.

 





FICHAS






 



MARCAPÁXINAS





martes, 1 de mayo de 2012

O DÍA DA ÁRBORE E O XORNAL, REFORÉSTATE.

Este ano decidimos para o Día da Árbore facer unha anfaina ata a Base BRIF de Laza que está no Alto da Costa da Rúa a 2 Km. do Pobo.


"A BRIF de Laza, é unha unidade helitransportada contra incendios forestais, que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, pon a disposición das CC.AA para reforzar os seus diferentes operativos no momento necesario. A BRIF de laza, é unha BRIF A, creada no ano 2004 e opera con dous helicópteros, dúas cuadrillas de oito compoñentes e un técnico."







"Os nenos e profesores do CEIP O Castiñeiro de Laza, fixeron unha visita á base BRIF de Laza, nesta visita aprovéitase para celebrar o día da árbore, coa plantación dunha árbore por neno nas instalacións da base.

É moi importante que os nenos saiban como actuar ante as emerxencias e, por desgracia, os incendios forestais no rural Ourensano son unha emerxencia bastante común; os técnicos danlles unha charla sobre como actuar ante os incendios forestais e o perigoso que poden chegar a ser, despois os compañeiros da BRIF-i móstranlles as ferramentas coas que combatemos os incendios forestais e a utilidade de cada unha delas; tamén os pilotos lles mostraron o helicóptero onde se trasladan os bombeiros BRIF e explicáronlles como se utiliza este para a extinción do incendio.

Coas fotos que fixeron durante a visita e algunhas fotos e vídeos que lles cedemos dende este blog, os nenos do cole de Laza, van participar o en concurso de Voz Natura"REFORESTAR TE co seguinte vídeo."



Traballamos dende a Biblioteca cos alumnos/as de 3º ciclo de primaria e co Xornal Dixital de "La Voz de Galicia" buscamos noticias sobre lumes, mellor cos sucesos non Concello de Laza durante os últimos anos xa que é a realizade máis próxima aos alumnos/as.
















Con estas novas e coas fotos que fixemos durante a visita eleboramos o vídeo que esperamos que vos guste.


SEMANA DA PRENSA: "XORNALISTAS".

Aproveitando o Concurso da Voz de Galicia IX Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, os alumnos  5º, 6º de primaria seleccionaron unha noticia do xornal, escribírona  libremente e ilustrárona cun debuxo.


Concurso La Voz 12




O obxectivo da experiencia é que os alumnos elixan libremente as noticias que máis lles interesen e que, entre todas as elixidas, seleccionen unha para facer dous traballos:

-un: escribir a noticia ao seu xeito, non copiala textualmente senón redactala coma se estivésenlla contando a un amigo.
-dous: ilustrala cun debuxo.

Esta é a maqueta do Concurso de "La Voz de Galicia" sobre a que traballamos.

Modalidad Infantil Nivel 2 Caste Llano) 2012



martes, 6 de marzo de 2012

CONCURSO POSTAIS DO NADAL 2011-12

CONCURSO POSTAIS NADAL 2011-12 CEIP O CASTIÑEIROhttp://www.actualidadgoogle.com/wp-content/uploads/2011/01/picasa-logo.gif
Do memo xeito que no curso pasado celebramos no cole o Concurso de Postais do Nadal. Participaron os alumnos/as de Infantil e Primaria con galadores/as por ciclos e un gañador total que representou ao cole oficialmente.

A gañadora foi a alumna de Infantil Lía R.G. Tódolos gañadores recibiron un premio consistente nun libro e un diploma




DIPLOMAS










lunes, 21 de febrero de 2011

CONCURSO DE MASCOTAS DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Don Lecturín é a moscota oficial da Biblioteca Escolar  Noé  G. L. de 2º de Educación Primaria gañou o concurso mascotas da Biblioteca Escolar do CEIP O Castiñeiro de Laza

GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO