O Día Mundial da Poesía é tributo á palabra poética proposto no ano 2001 pola Unesco, celébrase cada 21 de marzo (equinoccio de primavera) co propósito de consagrar a palabra
esencial e a reflexión sobre o noso tempo. Este evento que fortalece a cultura no noso planeta realízase en importantes capitais do
mundo como París, Ámsterdam, Berlín e Bogotá. En Europa é chamado Primavera dos Poetas e en Colombia a Común Presenza dos Poetas, por ser
instituído pola Fundación que leva o mesmo nome, a cal traballa dende hai dúas
décadas na promoción do universo poético en Hispanoamérica.
Con numerosos eventos e lecturas múltiples realízanse
actos en diversas latitudes do planeta para celebrar tan importante evento por
este xénero da literatura, por esa extrema forma de percepción da vida.
A
UNESCO lanzou ao mundo o seguinte comunicado para avalar a conmemoración do día
mundial da poesía ao instituír ese legado para o mundo:
«É evidente que unha acción mundial a favor da poesía
daría un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais,
rexionais, e internacionais. Esta acción debería ter como obxectivo principal
soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que
están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.»
.......................................
Para celebralo os alumnos/as de 3º ciclo crearon un pequeno poemario que agora vos presentamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario