O Día das Letras Galegas (Día dás Letras
Galegas en galego) é unha celebración
instituída en 1963 pola Real Academia Galega para
homenaxear aquelas persoas que destacaran pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa
defensa da devandita lingua.
Cada ano dedícase a unha personalidade diferente,
escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos
dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta celebración
cultural, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polos seus cantigas.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como
ese, en 1863, se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares
Galegos, de Rosalía de Castro, que
marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural
do galego.
É festivo na Comunidade Autónoma de Galicia (España).
..............
No cole tivemos as seguintes actividade: -CONCURSO POESÍA E RELATO CURSTO CONCELLO DE VERÍN
-POP ART ROSALÍA DE CASTRO E POESÍA
-VALENTÍN PAZ ANDRADE:
. CARTEIS
. MARCAPÁXINAS
. FICHAS
CONCURSOS CONCELLO VERÍN
Foto cortesía: Javier Rguez. , IES Taboada Chivite
Alumnado finalista do CEIP O Castiñeiro.
Laura Estévez Valcárcel
Nuria Gallego Vaz
Raúl
Romasanta Sanmiguel
Damián Requejo López
Adrián Camesella PazosConcurso Letras Galegas
Bases Certame Antonio Fdez Perez 2012
POP ART ROSALÍA DE CASTRO
Pop art Rosalía de Castro 2012 colocado na Biblio
Recitado de poesía. 2º Ciclo de Primnaria
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Segundo se achega a data do 17 de maio vanse
multiplicando as actividades nos centros educativos, a maioría das veces
froito da colaboración entre os equipos de Biblioteca, Normalización
Lingüística e TIC, un bo exemplo de que a integración dos distintos
programas existentes no centro é o camiño a seguir
LIM
Boa mostra disto son os materiais que recolle a Secretaría Xeral de Política Lingüística no repositorio de actividades sobre a figura de VALENTÍN PAZ ANDRADE
co gallo da celebración do Día das Letras 2012, e que a meirande parte
corresponde a actividades xurdidas de programacións conxuntas en centros
do Plan de mellora de bibliotecas escolares (CEIP ADR
Castelao (Rianxo, A Coruña), CEIP A Ponte (Lugo), CEIP dos Dices (Rois, A
Coruña), CPI José García García (Ourense), CEIP Nosa Sra. de Xuvencos
(Boborás, Ourense), CEIP de Rebordáns (Tui, Pontevedra), CEIP Condesa de
Fenosa (O Barco, Ourense). Deste último centro é o libro interactivo sobre Valentín Paz Andrade da imaxe.
FICHAS












No hay comentarios:
Publicar un comentario