Mostrando entradas con la etiqueta Video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Video. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de febrero de 2020

SEI O QUE FIXESTES O ÚLTIMO ENTROIDO



A creación desta curtametraxe, en forma de "trailer  cinematográfico", foi elaborado polo alumnado de Educación Infantil durante o curso 2017-2018 no CEIP O Castiñeiro. 

Unha trama chea de misterio e intriga onde os segredos mellor gardados do Entroido de Laza saen á luz, á vez que un grupo organizado de secuestradoras planea e leva a cabo o rapto da Morena.

Esta videocreación realizouse para a súa proxección na actividade "Ciclo de Cine" do CEIP O Castiñeiro. 





jueves, 9 de enero de 2020

ANUNCIO PRO ANIMALES VERÍN

PRO ANIMALES VERÍN



Son un grupo de voluntarios preocupados polo benestar dos animais, ao principio non tiñan lugar onde levalos, só tiñan casas de acollida, agora contan coa axuda do Concello de Verin e teñen un pequeno refuxio para cans, prestánlle asistencia veterinaria. , alimentanos, vacinanos, buscan acollemento ou adopción ... o que poden ... pero coa túa axuda poden facer moito máis.

ACTIVIDADE NO CEIP O CASTIÑEIRO

A actividade celebrouse no CEIP O Castiñeiro no mes de maio de 2018 cunha charla por parte dos voluntarios desta ONG que nos explicaron o seu traballo e nos amosaron un par de canciños que teñen nas súas instalación e que estaban a espera de que alguén os adoptara.





https://www.facebook.com/proanimales.verin/







GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO