lunes, 30 de octubre de 2017

Samaín 2017 CEIP O Castiñeiro

CONCURSO EXPOSICIÓN FROITOS SECOS DO SAMAÍN


Durante a semana celebramos un concurso exposición de froitos secos do samaín - outono. Do mesmo xeito que no curso pasado os alumnos/as  foron expondo ao longo da semana no centro. O centro estivo aberto ao público para que puidesen ver as creacións dos alumnos/as.









Os alumnos/as recibiron un diploma so por participar máis os gañadores, un por unidade, recibiron o seu diploma de gañadores máis un agasallo en forma de lapis.
Samaín Diploma 2017-18 by ceipcastinheiro on Scribd


SAMAÍN POLAS RÚAS DE LAZA


Elaboramos un cartel para colocar polas rúas do pobo de Laza e o  luns 30 de outubro do 17 pola mañá saímos cos alumnos/as polas rúas. Os nenos/as disfrazáronse  para a ocasión de “ zombis”  con traxes que trouxeron da casa.

 Despois de chamar á porta os nenos/as pronuncian a frase «truco ou trato», truco ou doce ou travesura ou doce. Se os adultos lles dan caramelos  ou calquera outro tipo de recompensa, interprétase que aceptaron o trato. Se pola contra se negan, os rapaces gastaranlles unha pequena broma, sendo a máis común botar ovos ou escuma de afeitar contra a porta. Pero claro está so houbo caramelos e chocolate quente.

Previamente colocamos durante a semana carteis avisando desta celebración para que os veciños estivesen atentos á visita dos nenos/as e co percorrido establecido. Os veciños colocaron unhas pequenas cabazas nas portas para que os nenos/as alí petasen.





HISTORIAS DE TERROR I
Relatos realizados polo alumnado de 3º, 4º, 5º de Educación Primaria 



HISTORIAS DE TERROR II


CAVEIRAS MEXICANAS


Relatos realizados polo alumnado de 3º, 4º, 5º de Educación Primaria

A aparición da caveira mexicana tal como coñecémola hoxe en día comezou en 1949, cando o xornal "O Socialista" comezou a ofrecer epitafios alegóricos (chamados caveiras literarias) en honra dun personaxe, real ou ficticio, que se comportaba de maneira hipócrita. Case sempre estaba relacionado coa pretensión de riqueza ou a importancia outorgada aos bens materiais. Estas caveiras literarias acompañábanse de ilustracións que representaban esqueletos elegantemente vestidos e inusitadamente alegres.

Aínda que de recente creación e de anecdótico xurdimento, o culto ás caveiras en México parece hoxe en día responder a un sentimento relixioso que xa existía con anterioridade, sendo notable a controversia respecto diso. A caveira popularízase en México durante o goberno de Benito Juárez, época de aperturismo e de consolidación da república onde as clases altas tentaban asemellarse ás elites europeas no seu modo de vestir e comportarse.














GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO