domingo, 4 de octubre de 2020

EMERXENCIAS 112 - BOLECHAS





 



Escolares de 4º, 5º, 6º de EP do cole de Laza  veñen de pasalo o pasado venres 2 de outubro de 2020 como poucas veces e aprender despois de recibir a visita dos Bolechas, que levaron á aula unha nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112. 



Para achegar esta importante mensaxe, Braulio Bolechas acudiu ao  CEIP O Castiñeiro para estar coas nenas e nenos.
 
 
 
 
 
 
 Mediante representacións teatrais e audiovisual  explicaron cando se debe chamar ao teléfono 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha axeitada resposta ás necesidades. 





Sabes que é o 112? E cando debes usar este número? Nesta páxina atoparás unha chea de información e consellos para utilizar correctamente o número de emerxencias 112, pero tamén para saber como traballa o persoal de emerxencias, como se coordinan todos os servizos na nosa comunidade autónoma…
E para iso presentámosvos unha chea de xogos, actividades e propostas do máis divertido. Xogas connosco?

 


Juan Luis Rivero Gallego

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO