Mostrando entradas con la etiqueta Monumentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Monumentos. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de noviembre de 2019

Arte en Laza. Fontes históricas materiais. Ciencias Sociais Primaria

Arte en Laza. Fontes históricas materiais. Ciencias Sociais Primaria



Que é a historia?

A historia é a ciencia que investiga o pasado das persoas e das sociedades humanas.
Para estudar o pasado, os historiadores e as historiadoras buscan e analizan moita información. Con frecuencia necesitan a colaboración doutros científicos, por exemplo, os paleógrafos, os arqueólogos
e os xeógrafos.

As fontes históricas

As fontes históricas son as pegadas do pasado que duraron ao longo  do tempo.
Os historiadores clasifican as fontes históricas en fontes escritas, orais,  gráficas e materiais.

As fontes históricas materiais

Son os distintos obxectos que  se conservaron ao longo do tempo. Por exemplo, unha ferramenta, un vestido e un edificio.

A investigación histórica

Os historiadores enfróntanse a numerosos enigmas cando realizan unha investigación. Para resolvelos, teñen que analizar  e interpretar as fontes antes de chegar a unha conclusión.
Para levar a cabo a investigación, o historiador desenvolve  unha serie de pasos.




GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO