sábado, 29 de febrero de 2020

CONTACONTOS IGUALDADE - "NON MÁIS PRINCESAS", PEDRO BRANDARIZ


 28-FEBREIRO-2020, BIBLIOTECA CEIP O CASTIÑEIRO


Este espectáculo estivo protagonizado por personaxes femininos que "escapan dos estereotipos e dos roles clásicos de xénero". Trata de mostrar como esas mulleres "lábranse un futuro prometedor e deciden libremenete". Ten como principal obxectivo "a concienciación na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas desde as idades máis temperás".











Pedro Brandariz leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todos os recunchos da xeografía galega e española. Pero, aínda que o asociemos coa comedia stand-up ou a tradición oral galega, detrás deste gran contador hai unha ampla formación teatral. Brandariz procede do mundo do clown, e tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil. Na actualidade forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, DINAMOteatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos, e deixou, ademais, o seu sinal noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos contaron habitualmente con Brandariz nas súas montaxes. Algo lóxico, vendo a súa enorme capacidade expresiva e humorística.








martes, 11 de febrero de 2020

SEI O QUE FIXESTES O ÚLTIMO ENTROIDO



A creación desta curtametraxe, en forma de "trailer  cinematográfico", foi elaborado polo alumnado de Educación Infantil durante o curso 2017-2018 no CEIP O Castiñeiro. 

Unha trama chea de misterio e intriga onde os segredos mellor gardados do Entroido de Laza saen á luz, á vez que un grupo organizado de secuestradoras planea e leva a cabo o rapto da Morena.

Esta videocreación realizouse para a súa proxección na actividade "Ciclo de Cine" do CEIP O Castiñeiro. 





lunes, 10 de febrero de 2020

Cine Subtitulado - Maléfica 2

El cine es  un medio para entretener, pero a su vez puede conllevar múltiples beneficios que pueden ser utilizados en el aula para instruir a los alumnos. No se puede negar que el cine es un recurso que puede servir como fuente de información, de fomento y comprensión de la interculturalidad o transmisor de ideas y valores pasados, presentes o futuros, entre otros aspectos. 
Beneficios:
1 - Nos ayuda a entender la realidad
2 - Los alumnos aprenden sin darse cuenta
3 - Son buenos para reforzar la alfabetización incluso en otras lenguas
4 - Fomenta la creatividad y el análisis
5 - Forma ciudadanos críticos ante los medios
6 - El cine es acceso a la cultura

Maléfica 2




4º, 5º, 6º EP - 2019/20

GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO