Escolares de 4º, 5º, 6º de EP do cole de Laza veñen de pasalo o pasado venres 2 de outubro de 2020 como poucas veces e aprender despois de recibir a visita dos Bolechas, que levaron á aula unha nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.
Para achegar esta importante mensaxe, Braulio Bolechas acudiu ao CEIP O Castiñeiro para estar coas nenas e nenos.
Mediante representacións teatrais e audiovisual explicaron cando se debe chamar ao teléfono 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha axeitada resposta ás necesidades.
Sabes que é o 112? E cando debes usar este número? Nesta páxina atoparás unha chea de información e consellos para utilizar correctamente o número de emerxencias 112, pero tamén para saber como traballa o persoal de emerxencias, como se coordinan todos os servizos na nosa comunidade autónoma…
E para iso presentámosvos unha chea de xogos, actividades e propostas do máis divertido. Xogas connosco?