lunes, 6 de diciembre de 2010

Actividades JClic. Formación básica de usuarios da biblioteca escolar




....................................................................................















A biblioteca escolar como lugar de información por excelencia dos centros educativos pode e debe ofrecer un programa de formación do alumnado co obxectivo de que se desenvolva de forma autónoma nela. Aproveitamos as tecnoloxías da información e a comunicación para ofrecer un conxunto de actividades de apoio ás intervencións do programa anual de educación en habilidades de información. Estas actividades constitúen un complemento ás sesións manipulativas cos libros, co lapis e o papel.



Nunha sociedade milticultural, o coñecemento de varias linguas polo alumnado formula ao sistema educativo un tratamento prioritario no seu ensino. Ademais, a escola ha de abordar intervencións relacionadas coa interculturalidad e con propostas didácticas que utilicen diferentes idiomas. Por iso, considerouse a tradución das actividades de educación en información como un servizo máis que as bibliotecas escolares poden ofrecer a través de proxectos globais de actuación que beneficie tanto ao alumnado español coma doutras nacionalidades.



Preséntase un conxunto de catorce proxectos (repertorio de actividades) en formato JClic. Para a execución das actividades baixo calquera sistema operativo é necesario ter instalada a máquina virtual de Java no sistema operativo e posteriormente activar o ámbito JClic


 ....................................................


Actividades JClic. Formación básica de usuarios da biblioteca escolar
    Proyecto Ejecutar Descargar Programación

    Educación Infantil, 3-4 años


       

       


    Educación Infantil, 4-5 años

       

       


    Educación Primaria,  1º ciclo




    Educación Primaria, 2º ciclo




    Educación Primaria, 3º ciclo




    ESO, 1º ciclo




    El abecedario




    Diccionarios y enciclopedias







    Bibliografía








    jueves, 2 de diciembre de 2010

    QUE É A BIBLIOTECA ESCOLAR?. FUNCIÓNS

    A biblioteca escolar é un espazo educativo, un centro de recursos documentais multimedia ao servizo da comunidade educativa. Estará integrada no proxecto educativo e no proxecto curricular dos centros e fomentará métodos activos de ensino e aprendizaxe.

     
     
    As bibliotecas escolares están interrelacionadas coa ampla rede de bibliotecas e de informacin de acordo cos principios do Manifesto da UNESCO sobre a biblioteca pública. 



    Por iso, é importante que as bibliotecas escolares e as bibliotecas públicas traballen xuntas e se beneficien mutuamente, aínda que dada a situacin das bibliotecas públicas, ser a biblioteca escolar a que máis se beneficie deste acordo.

     
     
    É recomendable visitar o documento de Bibliografa e ver os libros que hai sobre bibliotecas escolares. Algúns son de carcter xeral e explican o modelo de biblioteca, as súas funcións e como debe integrarse no contexto educativo; outros, máis técnicos, poden servir para realizar correctamente as tarefas típicas do bibliotecario.

     

    Unha boa biblioteca escolar serve aos alumnos...

    * Facilita que se formen ao seu ritmo, atendendo á diversidade.
    * Permite ampliar as explicacións de clase.
    * Ensina á traballar con moi diversos documentos e soportes.
    * Prepara para utilizar outras bibliotecas.
    * Achega as novas tecnoloxías: CD-Rom, Internet,...
    * Esperta o gusto pola lectura.



    Á comunidade docente a biblioteca axúdalle a...

    * Construír o proxecto educativo e facilitar ás profesores a preparación de materiais docentes.
    * A formación continuada dos docentes.
    * Aproveitar mellor os recursos do centro e compartilos.
    * Manterse informados e ao día.
    * Acceder fácilmente aos recursos doutras bibliotecas.

    GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

     BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO