As bibliotecas escolares están interrelacionadas coa ampla rede de bibliotecas e de informacin de acordo cos principios do Manifesto da UNESCO sobre a biblioteca pública.
Por iso, é importante que as bibliotecas escolares e as bibliotecas públicas traballen xuntas e se beneficien mutuamente, aínda que dada a situacin das bibliotecas públicas, ser a biblioteca escolar a que máis se beneficie deste acordo.
É recomendable visitar o documento de Bibliografa e ver os libros que hai sobre bibliotecas escolares. Algúns son de carcter xeral e explican o modelo de biblioteca, as súas funcións e como debe integrarse no contexto educativo; outros, máis técnicos, poden servir para realizar correctamente as tarefas típicas do bibliotecario.
Unha boa biblioteca escolar serve aos alumnos...
* Facilita que se formen ao seu ritmo, atendendo á diversidade.
* Permite ampliar as explicacións de clase.
* Ensina á traballar con moi diversos documentos e soportes.
* Prepara para utilizar outras bibliotecas.
* Achega as novas tecnoloxías: CD-Rom, Internet,...
* Esperta o gusto pola lectura.
Á comunidade docente a biblioteca axúdalle a...
* Construír o proxecto educativo e facilitar ás profesores a preparación de materiais docentes.
* A formación continuada dos docentes.
* Aproveitar mellor os recursos do centro e compartilos.
* Manterse informados e ao día.
* Acceder fácilmente aos recursos doutras bibliotecas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario