domingo, 8 de marzo de 2020

BRIF LAZA - O MONTE, FONTE DE VIDA E RIQUEZA

O mércores 4 de marzo de 2020 tivemos a visita de 2 membros da base BRIF de Laza, un técnico e un capataz, que nos informaron das actividades que realizan en dita base e dos materias e recursos cos que contan, ademais de nos dar información útil par evitar incendios forestais e da importancia do monte.








 


Queda pendente apra o mes de abril un andaina e visita dende o cole ata a base BRIFF.


BRIF LAZA


A base B. R.I. F. de Laza comezou a súa actividade en 2004, situada na provincia de Ourense, sendo a súa predecesora a base BRIF- B de Becerreá(Lugo), a cal se pechou en 2003 e parte do seu persoal pasou ao persoal da base de Laza. 


A súa localización achega protección e mimo aos extensos piñeirais dos municipios que a rodean, ademais de seguridade ás poboacións. 

Levan a cabo diversos tipos de servizo por parte do persoal e recursos da base: BRIF-A, EPRIF, BLP e BRIF-i.

Debido á alta actividade incendiaria do noroeste peninsular, atende preferentemente ás comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León, aínda que a súa misión é dar cobertura a nivel nacional, con intervencións en Ávila, Cáceres, Teruel e Tarragona na súa memoria. A súa posición estratéxica atende aproximadamente unha centena de incendios forestais cada campaña, feito que argumenta a alta experiencia e profesionalidade, que, sumadas á formación e entusiasmo, son as claves para a prevención e extinción de incendios forestais. O número de intervencións que realiza cada ano sitúana, con fartura, no groso do dispositivo a nivel estatal. En concreto, en 2011 levaron a cabo 219 despegamentos e atendéronse un total de 109 incendios forestais. 
O medio de transporte aéreo da BRIF de Laza variou ao longo dos anos, normalmente cunha formación de dous helicópteros de tipo medio con capacidade de 9 efectivos e 1.300 litros. Actualmente a base opera no verán con dous aparellos BELL 412 e en campaña BRIF-i cun Kamov Ka-26 bombardeiro e un BELL412 de transporte. 


Xornadas longas e duras lémbranse entre as filas de Laza pero tamén moitos momentos de compañerismo e bo facer.
Juan Luis Rivero Gallego



No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO