miércoles, 18 de mayo de 2011

MARGARIDA DE CORES - CDU

MARGARIDA DE CORES




Seguindo as directrices dadas polos responsables de Bibliotecas escolares de Galicia elaboramos unha margarida de cores no que cada pétalo representa a cada unha das áreas do coñecemento se lle adxudica unha cor diferente. Nos respectivos andeis da biblioteca rotulamos cada área de coñecemento coa súa cor.

Margarida de 10 pétalos de cartolina de cores diferentes, os cales representan as clases da CDU. A estes asócianse unha cifra e unha palabra clave. Esta margarida debe estar situada en lugar visible á entrada da biblioteca.

CDU da biblioteca adaptada

0 - DICCIONARIOS E ENCICLOPEDIAS
1 - PENSAR E COÑECERSE
2 - REZAR
3 - VIVIR XUNTOS
4 - BALEIRO
5 - A NATUREZA
6 - CURAR E FABRICAR
7 - CREAR E DIVERTIRSE
8 - LER E FALAR
9 - OS PAISES E O PASADO



CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL
(CDU simplificada e cores identificativas)

libros1

0 - MARRÓN no lombo:
Obras de Consulta Xeral, dicionarios, enciclopedias, anuarios (As enciclopedias específicas de arte, ciencia etc. estará no seu apartado correspondente, non aquí)
03 Enciclopedias.
038 Dicionarios
05 Anuarios
06 Institucións. Congresos. Exposicións.

1 - AZUL CLARO no lombo:
Filosofía. Psicoloxía
1. Filosofía. Obras xerais
13. Parapsicoloxía (Fenómenos estraños)
159.9. Psicoloxía e psiquiatría
16. Lóxica. Epistemoloxía.
17. Moral. Ética 

2 - VERMELLO no lombo:
Relixións. Mitoloxía
2. Obras xerais específicas
22. A Biblia
23. Relixión cristiá
29. Outras Relixións. Mitoloxía. 

3 - LARANXA no lombo:
Ciencias Sociais. Estatística, Política, Economía, Dereito, Educación.
3. Obras xerais específicas
31. Socioloxía. Estatística
32. Política
33. Economía. Banca
34. Dereito. Leis
35. Administración. Goberno. Exército
36. Servizos Sociais
37. Educación. Ensino
38. Turismo
39. Etnoloxía. Folclore. Usos e costumes. Vida social 

4 - BALEIRO (Por determinar) 



5 - VERDE no lombo:
Ciencias Exactas e Naturais
5. Ciencias en xeral.
50. Ecoloxía. Medio.
51. Matemáticas.
52. Astronomía. Astrofísica. Xeodesia.
53. Física.
54. Química.
55. Xeoloxía. Ciencias da Terra.
57. Ciencias Biolóxicas.
58. Botánica.
59. Zooloxía. 

6 - AZUL ESCURO no lombo:
Ciencias aplicadas
6. Obras xerais específicas
60. Inventos e descubrimentos científicos
61. Medicina
62. Experimentos, Máquinas, Enxeñaría. Comunicación e transportes
63. Agricultura. Gandaría. Caza. Pesca
64. Cociña
65. Industria do Libro
66 Industrias Químicas
67. Industrias Diversas
68. Informática 


7 - MORADO no lombo:
Arte. Deportes. Música. Juegos.Espectáculos
7. Obras xerais específicas. Teoría da arte. Arte en xeral
71 Museos
72. Arquitectura.
73. Escultura. Artes plásticas.
74. Debuxo. Manualidades en xeral. Artesanía.
75. Pintura.
77. Fotografía.
78. Música.
791. Cine
792 Facer teatro.
796 Xogos. Deportes. 

8 - AMARELO*: (Ten cor gris, pero nos colexios adoita poñerse amarelo) LINGUA E LITERATURA
AMARELO no lombo:
8. Obras xerais específicas
802. Lingua inglesa.
804. Lingua francesa
806. Lingua española
807 Linguas clásicas
820 Literatura inglesa.
840 Literatura francesa
860 Literatura española
870 Literatura clásica.


9 - CADRADO BRANCO no lombo:
Arqueoloxía. Historia. Xeografía. Biografías.
9. Obras xerais específicas
90. Arqueoloxía. Prehistoria.
91. Xeografía. Atlas. Exploración de terras e países
914.6 Xeografía de España
92. Biografías.
931. Historia antiga.
941. Historia medieval

942 Historia moderna.
943 Historia contemporánea.
946 Historia de España

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GUÍA LECTURAS NADAL 2020 - CEIP O CASTIÑEIRO - 4º, 5º, 6º EP

 BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP O CASTIÑEIRO     Guia Lecturas Nadal 2020 CEIP O CASTIÑEIRO