O programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de
alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais no eido escolar
a través dos medios audiovisuais e as TIC “CINENSINO” englóbase dentro
do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento
complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para
iso, o programa debe ser asumido polo centro educativo ao que se lle
facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa
impartido polo propio profesorado.
Rapunzel, un conto clásico dos Irmáns Grimm, é levado ao cine, unha película de animación, pola Factoría Disney, baixo o título de "Enredados".
Hoxe o 5º e 6º Primaria disfrutamos da proxección na Biblioteca Escolar do centro desta
vella historia na que Rapunzel, unha moza a punto de cumprir os dezaoito
anos, e cunha longa e fermosísima cabeleira de 21 metros de longo que
nunca cortou, vive encerrada nunha torre desde que unha malvada meiga a
roubara do seu berce cando era unha pequena bebé.Este é un dos vídeos promocionais da película. Por certo, no seu texto hai dúas faltas de ortografía, anímaste a atopalas?
E aquí, unha versión do conto. Esta vez, o nome de Rapunzel é Melisa:
Traballamos dende a Biblioteca coa documentación que nos entregou a Traballadora Social do Concello de Laza e da Mancomunidade de Concellos de Verín "Adela" que xa no mes de Outubro se pasou polo cole para darlles una charla aos alumnos/as de 5º e 6º de Primaria dentro do contexto para a Educación para a saúde, segundo os seguintes obxectivos xerais:
Caderno Alumnado - Cinensino 2011-12 - Enredados
- Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes.
- Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas
- Retrasar ou impedir o inicio de condutas adictivas no eido escolar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario