Este ano pospuxemos o Día da Paz para o venres 3 de Febreiro.
Pintamos unha pomba chea de mans de cores no comedor do cole, cantamos e tocamos na flauta unha canción e fixemos xogos cooperativos no patio.
Cada neno recibiu un agasallo do seu Amigo/a Invisible, e un agasalliño do cole no que os alumnos/as de 3º ciclo lles pegaron uns paredados sobre a Paz.
Realizamos tamén unha campaña de recollida de roupa para entregar no Fondo Solidario de Verín que entregamos o 6 de Febreiro.
Comezamos a nosa campaña de recollida de tapóns solidarios con distintos fins benéficos
No hay comentarios:
Publicar un comentario