Conseguen aprazar que a bruxa llo coma facéndoa crer que non engorda, mostrándolle un óso de polo coma se fose o dedo do neno, pero a bruxa fártase e decide comerllo igual. Pídelle á nena que prepare o forno, pero esta fai como que non sabe, e cando a bruxa se asoma para ensinalo, a empurra dentro e se queima. Os nenos conseguen fuxir e encontrar o camiño a casa co seu pai.
.......mellor comprobádelo vós mem@s.....
FOTOGRAFÍAS CASIÑA DE GOLOSINAS
-Traballo mestres/as-
-Traballo mestres/as-
ARGUMENTO
Segundo conta a historia dos irmáns Grimm, Hansel e Gretel eran os fillos dun pobre leñador. Eran unha familia tan pobre que unha noite a nai convence ao pai de abandonar os nenos no bosque, dado que xa non tiñan con que alimentalos. Hansel oíu isto, polo que saíu da súa casa a buscar pedras, coas cales marcou un camiño ao día seguinte cando se dirixían ao bosque. Hansel e Gretel durmíronse, e apenas saíu a Lúa comezaron a camiñar seguindo o camiño que Hansel marcara coas pedras anteriormente. Pola mañá chegaron á súa casa. A súa nai, sorprendida polo feito decide que a próxima vez levarán os nenos aínda máis dentro no bosque, para que non poidan saír de alí e regresar. Hansel, que outra vez escoitou as discusións dos seus pais, decide saír a xuntar pedras novamente, pero esta vez non puido, xa que a porta estaba pechada con chave. Na mañá que foron ao bosque, Hansel marcou un camiño tirando miolos do anaco de pan que a súa nai lle dera, só que esta vez cando saíu a Lúa non puideron volver porque os paxaros comeran o pan. Despois de dous días perdidos no bosque, cando xa non sabían máis que facer, os nenos detéñense a escoitar o canto dun paxaro branco ao cal logo seguen ata chegar a unha casiña feita de pan de xenxibre, pastel e azucre moreno. Hansel e Gretel empezaron a comer, pero o que non sabían era que esta casiña era a trampa dunha vella bruxa para encerralos e logo comelos. Todas as mañás a bruxa facía que Hansel sacase o dedo por entre os barrotes do corte para comprobar que engordara, pero este enganábaa sacando un óso que recollera do piso. Un día, a bruxa decide comer Hansel e manda a Gretel a comprobar que o forno estivese listo para cociñar. A nena decátase da trampa e logra que a bruxa se meta no forno. Ao instante, Gretel empurra a bruxa e pecha o forno. Tras a morte da bruxa, os nenos toman da casa perlas e pedras preciosas e parten a reencontrarse co seu pai, cuxa muller morrera. A súa vida de miseria por fin rematara, dende ese día a familia non sufriu máis fame e todos viviron xuntos e felices para sempre.
FOTOGRAFÍAS CASIÑA DE GOLINOLAS
Cuentos de los Hermanos Grimm - Hansel y Gretel - Español Latino
PARA COLOREAR






No hay comentarios:
Publicar un comentario