CEIP O CASTIÑEIRO
ALUMNADO 4º, 5º, 6º EP - 2019/20
A Cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, Retábulo de marionetas para educación de príncipes.
A historia conta, unha vez máis, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.
Un príncipe, Verdemar, marcha do reino materno por desobedecer ao rei, o seu pai. No seu camiño, cheo de experiencias, chega ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregr a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino.
Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata ao Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, atopa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino.
Ela rexeita ao impostor, e aquí é onde traballa o Trasgo, que durante toda a historia é o encargado de coidar ao príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.
Esta fabula, que é de dominio público, está brillantemente manipulada polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, armazóns políticos, anacronismos argumentais, comentarios alleos e tradición do conto marabilloso... A función liberadora da risa, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento.
ESCENA PRIMEIRA
ESCENA SEGUNDA
ESCENA TERCEIRA
ESCENA CUARTA
ESCENA QUINTA
ÚLTIMA ESCENA
DECORADO
Juan Luis Rivero Gallego
No hay comentarios:
Publicar un comentario