O noso compañeiro Fran Guede,mestre no CEIP Amaro Refoxo de Verín estivo no noso cole co Contacontos e o representando o conto A que sabe a lúa.
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo..."
"Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha xenial idea: Quizais entre todos poidamos alcanzala".
Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación. Unha axuda mutua da que son partícipes os máis variados animais: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o máis pequeno de todos...
E así, a medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrécelle ao lector unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e sañas compartidos; cun chisto de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina.
"A que sabe a lúa?", escrito e ilustrado polo polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estructura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura tradicional. Esta obra invita a ser contada, conseguindo unha gran participación entre o lector e o receptor.
ACTIVIDADES MULTIMEDIA - LIBRO LIM
Aquí vos deixamos 32 actividades LIM para que poidades traballar sobre a lectura.
Algunhas das imaxes do programa:
Esperamos que vos gusten e vos animides a ler este libro
No hay comentarios:
Publicar un comentario