O Día Internacional do Libro é unha conmemoración
celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria
editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de
autor. A nivel internacional é promulgado pola UNESCO,
que a empezou a promulgar por primeira vez en 1995. Celébrase cada 23 de abril dende 1996 en varios países, sendo en 2008 máis dun centenar.
O
día 23 de abril foi elixido como Día do Libro
e do Dereito de Autor, pois corresponde ao falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega
na mesma data no ano 1616 (aínda que realmente non é así: Cervantes
faleceu o 22 e foi enterrado o 23, mentres que Shakespeare morreu o 23 de
abril... do calendario xuliano, que
corresponde ao 3 de maio do calendario gregoriano).
MURAL - 2º CICLO DE PRIMARIA













No hay comentarios:
Publicar un comentario