EXPOSICIÓN "FROITOS DO TERROR"
Durante a semana celebramos unha exposición de froitos do samaín - outono. Do mesmo xeito que no curso pasado os alumnos/as foron expondo ao longo da semana no centro. O centro estivo aberto ao público para que puidesen ver as creacións dos alumnos/as.
Os alumnos/as recibiron un diploma so por participar máis un agasallo.
Elaboramos un cartel para colocar polas rúas do pobo de Laza e o mércores 30 de outubro pola mañá saímos cos alumnos/as polas rúas. Os nenos/as disfrazáronse para a ocasión de “ Cociñeiros Zombis” con traxes que prepararon na casa
Despois de chamar á porta os nenos/as pronuncian a frase «truco ou trato», truco ou doce ou travesura ou doce. Se os adultos lles dan caramelos ou calquera outro tipo de recompensa, interprétase que aceptaron o trato. Se pola contra se negan, os rapaces gastaranlles unha pequena broma, sendo a máis común botar ovos ou escuma de afeitar contra a porta. Pero claro está so houbo caramelos e chocolate quente.
Previamente colocamos durante a semana carteis avisando desta celebración para que os veciños estivesen atentos á visita dos nenos/as e co percorrido establecido. Os veciños colocaron unhas pequenas cabazas nas portas para que os nenos/as alí petasen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario